I. Introducción | ||
Situación política | ||
Portugal é unha república unitaria. Aínda que o sistema de goberno é en esencia de tipo parlamentario, o xefe de estado, o Presidente, ten certos poderes reservados a él. A lexislatura unicameral, a Asamblea da República é elixida mediante a representación proporcional. O Presidente é elixido directamente. Portugal continente, divídese en dezaoito provincias que se subdividen en municipios. A Azores e as Islas Madeira son rexións autónomas coas súas xuntas e gobernos propios elixidos localmente. España é unha Monarquía parlamentaria formada por 17 Comunidades Autónomas. O Estatuto de Autonomía de 1981, recoñece a Galicia o dereito de organiza-las súas institucións, a ordenación do seu territorio, das obras públicas, xestación de medio ambiente, fomento cultural, artesanado, sanidade, educación, e dunha forma xeral, das actividades económicas que se desenvolven na rexión e das que afectan ó benestar dos seus habitantes. |