IV. Obrigas Fiscais
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español

Impostos Directos

Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

Constitúe o obxecto deste imposto a renda mundial das persoas físicas residentes en territorio español, con independencia do lugar onde se produciran e calquera que sexa a residencia do pagador.

O imposto gravará a capacidade económica do contribuínte, entendida como a súa renda dispoñible, que será o resultado de disminui-la renda, calculada segundo as normas do imposto, na cuantía do mínimo persoal e familiar que se especifica para cada caso (polo xeral 550.000 ptas. por contribuínte, 100.000 ptas. por ascendente y 200.000 ptas. por descendente que reúnan os requisitos establecidos na norma).

Abarcará a renda do contribuínte os rendementos do traballo, os rendementos do capital (mobiliario e inmobiliario), os rendementos de actividades económicas, as ganancias e perdas patrimoniais e as imputacións de renda que se establecen na Lei. A determinación da renda efectúase normalmente con carácter anual, mediante a aplicación de normas específicas para cada tipo de renda.

Para calcula-la cuota íntegra, aplicarase á base impoñible (renda dispoñible) o tipo de gravamen correspondente segundo unha escala gradual con tipos impositivos que oscilan entre o 18 e o 48%. Á parte de base impoñible derivada de ganancias patrimoniais obtidas a máis dun ano, aplícaselle un tipo fixo do 18%.

Sobre esa cuota íntegra podranse aplicar unha serie de deduccións antes de determina-lo imposto a pagar. Existen deduccións por adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual, por donativos, pola realización de determinadas inversións en caso de realizar actividades económicas ou para evita-la dobre imposición en caso de percibir dividendos de sociedades ou ter satisfeito impostos no estranxeiro.

Esta última deducción consiste en que cando entre as rendas do contribuínte figuren rendementos ou ganancias patrimoniais obtidas e gravadas no estranxeiro éste podrá deducir da cota líquida total a menor das cantidades seguintes:

- O importe efectivo do imposto satisfeito no estranxeiro.
- O resultado de aplica-lo tipo de gravamen á parte da base liquidable gravada no estranxeiro.