ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español


- Imposto Sobre Sociedades (IS)

Este imposto grava a renda mundial obtida polas entidades xurídicas residentes en España.
A base impoñible calcúlase correxindo o resultado contable (ingresos menos gastos do periodo impositivo) coa aplicación dos preceptos establecidos na Lei do Imposto. Entre outros, establécese unha exención para os beneficios derivados da participación en filiais no estranxeiro ou de establecementos permanentes no estranxeiro, coa condición de que o establecemento permanente ou a filial estiveran grabados por un imposto similar no outro país.

A cota íntegra calcúlase aplicando á base impoñible o de gravamen que é, en xeral, do 35%.

Para calcula-lo imposto a pagar reducirase a cota íntegra nas deduccións e bonificacións que sexan aplicables en cada caso. Existen, entre outras, deduccións por inversións realizadas en I+D, na protección do medio ambiente, en actividades exportadoras u en formación profesional e outras destinadas a evita-la dobre imposición no caso de percibir beneficios pola participación en outras entidades ou cando existan rendas gravadas no estranxeiro.

Dentro do imposto existen unha serie de rexímenes especiais, como o aplicable a empresas de reducida dimensión (cifra de negocios inferior a 3.000.000 de euros) para as que se establecen unha serie de beneficios fiscais, entre outros, un tipo de gravamen do 30% para os primeiros 15.000.000 ptas. de base impoñible.