IV. Obrigas Fiscais
|
||
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español | ||
- Imposto Sobre a Renda de Non Residentes (IRNR) Grava as rendas obtidas en territorio español por persoas físicas e por entidades non residentes no mesmo. A Lei do imposto establece que se consideran obtidas en España por non residentes, entre outras: - As rendas de actividades económicas realizadas mediante establecemento permanente (ou sen él, se as actividades son realizadas físicamente en territorio español ou se trata de prestacións de servicios utilizadas en España). - Os rendementos do traballo prestado en territorio español. - Os rendementos procedentes de participacións en fondos propios de entidades residentes en España. - Os rendementos de bens inmobles situados en España. O imposto a pagar calcularase aplicando á base impoñible, determinada segundo as normas establecidas na Lei do imposto para cada tipo de renda, o tipo de gravamen, que difire segundo o tipo de renda. O tipo de gravamen é, xeralmente, o 25%, sen embargo, ás rendas derivadas da realización de actividades económicas a través de establecementos permanentes ou ás ganancias patrimoniais se lle aplicará o 35% e ós dividendos e intereses o 18%. Habitualmente a obtención de rendas suxeitas ó IRNR (excepto as derivadas da realización de actividades económicas a través de establecementos permanentes e as de ganancias patrimoniais) está suxeita a retención na fonte cando o pagador das mesmas é un empresario ou profesional. A porcentaxe de retención coincide co tipo de gravamen do imposto, polo que o non residente non terá a obriga de presentar ningunha declaración cando a renda percibida fora obxecto de retención. Os contribuíntes deste imposto residentes noutros Estados membros da UE que obteñan en territorio español, por rendementos do traballo ou de actividades económicas, como mínimo o 75% da totalidade da súa renda mundial, poderán optar por tributar en calidade de contribuínte do IRPF (seguirán estando suxeitos ó IRNR pero aplicaranse para calcula-lo imposto as normas do IRPF, que conteñen maiores posibilidades de deducción de gastos, reducción polo mínimo persoal e familiar, etc.). Para iso dirixiranse á Administración Tributaria quen determinará o importe resultante tendo en conta a súa renda mundial e devolverá o exceso se o resultado fose inferior ó IRNR pagado ou retido. |