ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español


- Imposto Sobre o Patrimonio (IP)

Grava o patrimonio do que fosen titulares as persoas físicas a 31 de decembro de cada ano. Neto: denomínase neto ó conxunto de bens e dereitos de contido económico, con deducción das cargas e gravames que disminúan o seu valor así como as deudas e obrigas personais das que deban responder.

Se se trata de persoas físicas residentes en España, o imposto esíxese pola totalidade do seu patrimonio neto, con independencia do lugar onde se atopen situados os bens ou poidan exercitarse os dereitos. A base impoñible reducirase en 18.000.000 de pesetas en concepto de mínimo exento i existirá unha deducción para evita-la dobre imposición en caso de ter satisfeito un imposto similar no estranxeiro.

Se se trata de persoas físicas non residentes en España, o imposto esíxese polos bens e dereitos de que sexa titular cando os mesmos estiveran situados, puideran exercitarse ou tiveran que cumprirse en territorio español. Neste caso non existirá mínimo exento nin deducción por impostos satisfeitos no estranxeiro, debéndose presenta-la declaración en todo caso, con independencia da contía do patrimonio.

Existe unha exención aplicable ó valor dos bens e dereitos necesarios para o desenrolo dunha actividade empresarial ou profesional, cando ésta constitúa a principal fonte de renda do suxeito pasivo e éste a exerza de modo habitual, persoal e directo.

Para calcula-lo imposto a pagar aplicarase sobre a base impoñible (valor do patrimonio neto calculado conforme ás normas establecidas na Lei do imposto) unha tarifa progresiva con tipos que oscilan entre 0,2 e o 2,5%.