ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español


- Imposto Sobre Sucesións e Doazóns (ISYD)

Grava os incrementos patrimoniais obtidos por persoas físicas a título lucrativo:

- Por adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquer outro título sucesorio.
- Por adquisición de bens e dereitos por doazón ou calquer outro negocio xurídico a título gratuito Òinter vivosÓ.
- Pola percepción de cantidades polos beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario.

Si el causahabiente, donatario o beneficiario es residente en territorio español, se le exigirá el imposto con independencia de dónde se encuentren situados los bienes o derechos que integren el incremento de patrimonio gravado. Podrá aplicar una deducción en caso de haber pagado algún imposto similar en el extranjero.

Si o causahabente, donatario ou beneficiario non fose residente en territorio español, esixiráselle o imposto pola adquisición de bens e dereitos, calquera que sexa a súa natureza, que estiveran situados, puideran exercitarse ou tiveran que cumprirse en territorio español, así como pola percepción das cantidades derivadas de contratos de seguros sobre a vida cando o contrato fora realizado con entidades aseguradoras españolas ou se celebrara en España con entidades estranxeiras que operen nela.

A base impoñible será o valor real dos bens e dereitos adquiridos minorado polas cargas e débedas que foran deducibles, calculado aplicando as normas establecidas na Lei do imposto. No caso de adquisicións Òmortis causaÓ poderanse aplicar unhas reduccións de importe variable en función da idade do herdeiro e o seu grao de parentesco co causante (como máximo 7.963.000 pesetas).

Existe unha bonificación do 95% do valor dos bens e dereitos afectos a actividades económicas do transmitente polos que éste tería dereito a aplica-la exención no IP, sempre que se cumpran determinados requisitos.

O imposto a pagar calcúlase aplicando á base impoñible unha escala onde os tipos oscilan entre o 7,65 e o 34% e posteriormente un coeficiente multiplicador que oscila entre 1 e 2,4 en función do patrimonio preexistente do adquirinte e o seu grao de parentesco co transmitente.