ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español


Impostos Indirectos

- Imposto Sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAJD)

Abarca tres modalidades:

- Transmisións Patrimoniais Onerosas (ITP), que grava as transmisións onerosas de calquer clase de bens ou dereitos ou a constitución de dereitos reais, préstamos, fianzas, arrendamentos e pensións realizadas entre particulares (este imposto é incompatible co IVA) cando os bens e dereitos estiveran situados, puideran exercitarse ou tiveran que cumprirse en territorio español ou en territorio estranxeiro, cando, neste último suposto, o obrigado ó pago sexa residente en España (excepto, entre outros, a adquisición de inmobles situados no estranxeiro que non estará gravada por este imposto). O imposto calcúlase aplicando o tipo impositivo correspondente (7% para inmobles e dereitos sobre os mesmos, 4% para bens mobles e semoventes e 1% para dereitos reais de garantía e constitución de préstamos) ó valor real do ben transmitido ou do dereito que se constitúa ou ceda. O obrigado ó pago é o beneficiario do desprazamento patrimonial.

- Operacións Societarias (OS), que grava determinadas operacións (como a constitución, o aumento ou reducción de capital ou a disolución) realizadas por sociedades e certas entidades asimiladas ás mesmas, sempre que teñan en España a súa sede de dirección efectiva (tamén aplicarase a sociedades que teñan en España o seu domicilio social ou realicen en España operacións do seu tráfico nalgúns casos, como o de establecementos permanentes de entidades estranxeiras). O tipo impositivo é do 1%.

- Actos Xurídicos documentados (AJD), que grava os documentos notariais, administrativos ou mercantís. O imposto satisfarase mediante cotas fixas ou variables. Os documentos notariais que teñan por obxecto cantidade ou cousa evaluable e o acto sexa inscribible nalgún rexistro público e non esté suxeito a TPO ou OS tributarán ó tipo do 0,5%.