IV. Obrigas Fiscais
|
||
4.1. Obrigas Fiscais en España - B. Sistema Tributário Español | ||
- Imposto Sobre o Valor Engadido (IVA) Grava o consumo de bens e servicios producidos ou comercializados no desenrolo das actividades empresariais ou profesionais. Os empresarios ou profesionais poden deduci-lo imposto, mentras que os consumidores finais non, soportandoo efectivamente. Están suxeitas as entregas de bens e prestacións de servicios realizadas en España (excepto Canarias, Ceuta e Melilla) por empresarios ou profesionais a título oneroso. En xeral, enténdense realizadas en España as entregas de bens cando estos se poñen a disposición do adquirente en territorio español, ou o seu transporte para a posta a disposición iníciase neste territorio. En caso de prestacións de servicios, enténdense realizados en España, en xeral, cando o prestador ten situada en territorio español a sede da súa actividade económica. A este respecto, debe terse en conta a existencia de diversas normas especiais en canto ó lugar de realización (por exemplo, enténdense realizadas en España as prestacións de servicios profesionais cando o destinatario é un residente en territorio español). Os tipos impositivos aplicables son o xeral do 16%, o reducido do 7% (productos alimenticios, material sanitario, hostelería, etc.) e o superreducido do 4% (libros, medicamentos, etc.). Considérase empresario establecido, a efectos deste imposto ó non residente que actúe a través dun establecemento permanente (sucursal, oficina, fábrica, etc.). Polo xeral, será o suxeito pasivo nas operacións suxeitas ó imposto que realice. Deberá darse de alta, e cumplir coas obrigas establecidas na Lei do imposto (repercusión do IVA, presentación de declaracións, etc.). Deberá nombrar un representante fiscal con residencia en España. O empresario non establecido, salvo algunhas excepcións, non será o suxeito pasivo nas operacións que realice suxeitas ó imposto, polo que non deberá repercuti-lo mesmo (aplicarase a regra de inversión do suxeito pasivo pola cal será o destinatario da operación quen realizará a autorrepercusión do imposto) nin presentar declaracións en España. Cando esté establecido noutro Estado membro da Comunidade Europea e tivera soportado o imposto en España, poderá exercita-lo dereito a súa devolución, sempre que cumpra certos requisitos, entre outros, nombrar un representante fiscal residente en territorio español. |