IV. Obrigas Fiscais | ||
4.1. Obrigas Fiscais en España | ||
f) Inicio da actividade empresarial ou profesional - Empresario ou profesional residente en España. Con anterioridade ó inicio da actividade deberá darse de alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores da Delegación da Axencia Estatal da Administración tributaria correspondente o seu domicilio fiscal. Tamén deberá dar de alta a actividade no IAE. - Empresario ou profesional non residente en España que realice a súa actividade mediante un establecemento permanente. Con anterioridade ó inicio da actividade deberá solicitar un número de identificación fiscal e darse de alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores da Delegación da Axencia Estatal da Administración tributaria correspondente o seu domicilio fiscal. Deberá nomear a unha persoa física ou xurídica con residencia en España, para que lles represente ante a Administración Tributaria, comunicando dito nomeamento e acompañando á comunicación a aceptación expresa do representante. Tamén deberá dar de alta a actividade no IAE. - Empresario ou profesional non residente en España que realice a súa actividade sen mediación dun establecemento permanente. Deberá solicitar un número de identificación fiscal e dar de alta a actividade no IAE. Só deberá darse de alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores se vai a satisfacer en España rendementos suxeitos a retención ou ingreso a conta ou cando realice algunha actividade pola que sexa suxeito pasivo do IVA. Só deberá nomear representante fiscal en España se vai proceder a deducir algún gasto na declaración do IRNR que presente, ou cando debido á contía e características da renda obtida así o requira a Administración Tributaria. |