IV. Obrigas Fiscais
|
||
4.1. Obrigas Fiscais en España | ||
e) Particularidades no IRNR para o empresario ou profesional non residente en España. O cálculo do IRNR resulta diferente segundo o non residente realice a súa actividade a través dun establecemento permanente ou sen mediación do mesmo. Considérase que un non residente realiza operacións en territorio español por medio de establecemento permanente cuando de forma continuada ou habitual dispoña de instalacións ou lugares de traballo de calquer índole, nos que realice toda ou parte da súa actividade ou cando actúe en España por medio dun axente autorizado para contratar, en nome e por conta da persoa ou entidade non residente. - Se realiza a actividade a través dun establecemento permanente: En xeral, a base impoñible calcularase con arregro ás disposicións do réximen xeral do IS, aínda con algunhas peculiaridades (por exemplo, non lles é aplicable o réximen especial establecido para PYMES). O tipo impositivo é do 35%. Deben levar contabilidade e presentar pagos fraccionados a conta do imposto. - Se realiza a actividade sen mediación dun establecemento permanente: A base impoñible calcúlase pola diferencia entre os ingresos íntegros e os gastos de persoal, aprovisionamento de materiais e suministros. O tipo impositivo é do 25%. Se realiza a actividade para outro empresario ou profesional éste practicaralle unha retención do 25% en cada pago (a non ser que se acredite ter presentado o imposto con anterioridade) que lle eximirá da presentación do imposto. |