I. Introducción
Parques empresariais
Nos derradeiros anos o tecido industrial da zona viviu un proceso de modernización e diversificación. Cóntase cunha ampla oferta de solo industrial de maneira que actualmente atópanse en funcionamento 86 parques empresariais na Euro-rexión, 55 en Galicia e 31 na Rexión Norte de Portugal. No Norte de Portugal a distribución non é uniforme, xa que se pode apreciar unha maior concentración na zona do Minho-Lima, en comparación con zonas como Tâmega onde a superficie industrial é considerablemente inferior. Os parques galegos localízanse maioritariamente en torno ás principais cidades e cabeceiras comarcais, aínda que a súa distribución entre as distintas provincias é tamén bastante desigual.

Mapa e Respectivas estatisticas