I. Introducción | ||
Infraestructuras | ||
Nos derradeiros anos as comunicacións da Euro-rexión desenvolvéronse considerablemente. En canto á rede de estradas cabe destaca-la A-9, vía de alta capacidade que une A Coruña e Vigo, os dous exes económicos de Galicia e na rexión Norte, a autovía que desde Porto chega á fronteira con Galicia e a IC-1 que percorre a costa de Portugal ata (Melgaço) Viana do Castelo, que facilita considerablemente non só o transporte de mercadorías, senon tamén as comunicacións con Galicia. A rede ferroviaria une os principais focos industriais da zona e se está estudiando a posibilidade dun tren de alta velocidade que una Portugal con España, a través de Galicia. A Euro-rexión conta con 4 aeroportos, un en Portugal (Aeroporto Sâ Carneiro) e 3 en Galicia (Vigo, Santiago e a Coruña), que experimentaron un crecemento sostenido e estable tanto en número de pasaxeiros como en mercadorías transportadas. Ademáis a situación xeográfica privilexiada, cunha amplia zona costeira e próxima ás principais rutas marítimas comerciais, e a clara vinculación ó mar da zona permitiron o desenrolo dos seus portos, sendo os principais: Vigo, Coruña, Ferrol, Marín e Vilagarcía de Arousa en Galicia e Porto e Viana do Castelo na Rexión Norte de Portugal. Mapa da Zona Costeira e das Autoestradas
Mapa com os Aeroportos e Transportes. |