IV. Obrigas Fiscais
|
||
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal - B. Sistema Tributário Portugués | ||
Impostos directos - Imposto sobre o Rendemento das Persoas Singulares (IRS) Están suxeitas ó IRS as persoas singulares que residan en territorio portugués e as que, non residindo nel, obteñan rendimentos nese país. Residindo as persoas en territorio portugués, o IRS incide sobre a totalidade dos seus rendementos, incluindo os obtidos fora dese territorio. Existindo núcleo familiar, o imposto débese polo conxunto das persoas que o constitúen. O IRS atende ó principio de capacidade contributiva do suxeito pasivo, incidindo sobre o rendemento impoñible, que resulta da suma de varias categorías de rendementos obtidos en cada ano, depois de feitas as deduccións específicas e os descontos previstos na lei. O IRS atende tamén á situación persoal e familiar de cada suxeito pasivo, deducíndose á tributación PTE 40.200/33.500 por suxeito pasivo non casado/casada, PTE 33.500 por cada ascendente e PTE 26.800 por cada dependente, desde que se verificasen os requisitos previstos na lei. O IRS incide sobre os rendementos do traballo dependente, os rendementos empresariais e profesionais, os rendementos de capitais, os rendementos prediais, os incrementos patrimoniais e as pensións. O rendemento tributable determínase anualmente, mediante a aplicación de normas específicas para cada tipo de categoría. ó rendemento tributable se lle aplicarán as taxas de imposto, entre o 12% e o 40%, de acordo co escalón en que aquele se inclúa, obténdose así a tributación. Despois da determinación da tributación, dedúceselle as denominadas deduccións á tributación para averigual-lo imposto liquidado, que depois de deduci-las retencións na fonte resulta o IRS a devolver ou a pagar. Das varias deduccións á tributación, son de destaca-los gastos médicos, os gastos de educación, as obrigas con inmobles, os beneficios fiscais, os donativos, o crédito de imposto por dobre tributación económica, correspondente a lucros distribuídos por entidades suxeitas a IRC e o crédito de imposto por dobre tributación internacional, correspondente a rendementos obtidos no estranxeiro. Os rendementos obtidos no estranxeiro declararanse no anexo J, presentado en conxunto coa declaración de rendementos Modelo 3. Tratándose de non residentes, o IRS incide unicamente sobre os rendementos obtidos en territorio portugués. Considéranse obtidos en territorio portugués, entre outros: - Os rendementos de traballo dependente que resultan de actividades nel exercidas, ou cando tales rendementos sexan debidos por entidades que teñan residencia nese país; - Os rendementos de actividades empresariais e profesionais imputables a un establecemento estable situado en territorio portugués; - Os rendementos que proveñen da intermediación na celebración de calesqueira contratos ou derivados doutras prestacións de servicios realizados ou utilizados en territorio portugués, con excepción dos relativos a transportes, comunicacións e actividades financieiras; - Ganancias xeneradas por entidades residentes en territorio portugués ou establecemento estable ó que deba imputarse o pago; - Os rendementos de bens inmobles situados en territorio portugués. Os não residentes deverão apresentar a declaração de rendimentos anual para efeitos de liquidação do IRS por parte da DGCI, sendo tributados de acordo com as regras do IRS. Non se presentará a declaración de rendementos nos casos en que os rendementos tributen a taxas liberatorias (retención na fonte a título definitivo), variando estas taxas entre o 15% e o 35%. |