ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal - B. Sistema Tributário Portugués


- Imposto sobre o Rendemento das Persoas Colectivas (IRC)

Están suxeitas a IRC tódalas persoas colectivas de dereito público ou privado, con ou sen personalidade xurídica, sempre que a súa sede ou dirección efectiva sexa en territorio portugués.

O IRC incide sobre o lucro das entidades antes citadas, constituído pola suma alxebraica do resultado líquido do exercicio e das variacións patrimoniais positivas e negativas verificadas no mesmo periodo e non reflexadas naquel resultado, determinados con base na contabilidade e eventualmente correxidos nos termos do Código do IRC. Destácase, entre outros, a eliminación dos rendementos correspondentes a lucros distribuídos por entidades con sede ou dirección efectiva no mesmo territorio, nas cales o suxeito pasivo detente unha participación no capital non inferior ó 25% con máis de 2 anos.

Tra-la deducción ó lucro tributable dos benefícios e dos perxuicios fiscais, determínase a cota tributable sobre a cal aplícase a taxa xeral do 32%, obténdose así a tributación. A esta cota se lle aplican determinadas deduccións, tales como os pagos a conta, as retencións na fonte efectuadas por terceiros, os benefícios fiscais relativos, por exemplo, ó investimento en I & D, protección ambiental ou creación de emprego para xoves, o crédito de imposto sobre a dobre tributación económica e internacional, obténdose así o imposto a pagar ou a recuperar.

Ademáis do réxime xeral, referido nos anteriores parágrafos, os contribuíntes poderán optar polo réxime simplificado sempre que se verifiquen os requisitos impostos na lei, aplicándose unha taxa de imposto do 20% sobre o lucro tributable calculado con base nos indicadores técnico científicos definidos para os diferentes sectores de actividade.

En relación ó rendemento global (correspondente á suma alxébraica dos rendementos das diversas categorías consideradas a efectos do IRS) de entidades con sede ou dirección efectiva en territorio portugués que non exerzan, a título principal, actividade económica, industrial ou agrícola, a taxa do IRC é do 20%.

Para as Micro Empresas (volume de negocios inferior a 150.000 euros) a taxa do IRC é igualmente do 20% sobre o lucro tributable calculado con base nas regras xerais.

As entidades non residentes pero con establecemento estable en territorio portugués, están suxeitas ó IRC relativo ó rendemento imputable a ese establecemento, nos mesmos termos que as entidades residentes.

As entidades non residentes sen establecemento estable, que aquí obteñan rendementos, tributan, con excepción dos rendementos prediais, de acordo coas taxas liberatorias previstas no CIRC, que varían entre o 15% e o 35%.

Considéranse obtidos en territorio portugués, entre outros:

- Rendementos relativos a inmobles situados en territorio portugués, incluindo as ganancias resultantes da súa transmisión onerosa;
- Rendementos que proveñen da propiedade intelectual, industrial ou ben da prestación de informacións relativas a unha experiencia adquirida no sector industrial, comercial ou científico;
- Rendementos que proveñen da intermediación na celebración de calquer contrato;
- Rendementos derivados de prestacións de servicios realizados ou utilizados en territorio portugués, con excepción dos relativos a transportes, comunicacións e actividades financieiras.