ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal - B. Sistema Tributário Portugués


- Imposto Municipal da Sisa e Imposto Sobre as Sucesións e Doazóns

A sisa incide sobre as transmisións, a título oneroso, do dereito de propiedade ou de figuras parcelares dese dereito, sobre bens inmobles.

A sisa tásase dunha forma progresiva, tratándose de predios ou fraccións de predios urbanos destinados exclusivamente á habitación; a sisa aplícase cando o valor do inmoble é superior a 11.710 contos (ata este montante as transmisións non están suxeitas), a unha taxa media entre o 1,3498% e o 10%.

O imposto sobre as sucesións e doazóns incide sobre as transmisións a título gratuito de bens mobiliarios e imobiliarios. Só se considera transmisións, a efectos deste imposto, a transferencia real e efectiva dos bens.

As taxas do imposto sobre as sucesións e doazóns dependen do montante das transmisións efectuadas, elevándose a taxa a medida que este montante se eleva; por outro lado, a taxa elévase a medida que as transmisións fanse a favor, ou entre persoas con lazos familiares menos fortes. De aquí resulta unha amplitude de taxas bastante elevada, sendo a máis baixa do 4% e a máis elevada do 50%.

Para que as transmisións estean suxeitas a sisa ou ó imposto sobre sucesións e doazóns, é necesario que os bens estean situados na península ou illas adxacentes.

A sisa e o imposto sobre sucesións e doazóns aplícase de igual forma tanto ós residentes coma ós non residentes en territorio portugués.