ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal - B. Sistema Tributário Portugués


Impostos indirectos

- Imposto Sobre o Valor Engadido (IVA)

Grava o consumo dos bens e servicios producidos ou comercializados no desenvolvemento das actividades empresariais ou profesionais. Os empresarios ou profesionais poden deduci-lo imposto, mentras que os consumidores finais, son os que o soportan efectivamente.

Están suxeitas ó imposto sobre o valor engadido, as transmisións de bens e as prestacións de servicios efectuadas no territorio portugués, ou sexa, continente (península) e illas Azores e Madeira, a título oneroso.

En xeral, tributan en Portugal as transmisións de bens que estean situados no territorio nacional no momento en que se inicie o transporte ou expedición para o adquirente ou, no caso de non haber expedición ou transporte, no momento en que se poñen a disposición do adquirente.

Tratándose de prestacións de servicios, éstas tributan en territorio portugués cando sexan realizados por un suxeito pasivo que teña nese territorio a sede da súa actividade ou un establecemento estable a partir do cal se prestan os servicios. Non obstante, existen diversas regras especiais para a determinación da localizacións das operacións de servicios (por exemplo, tributan en Portugal as prestacións de servicios profesionais cando o destinatario é un suxeito pasivo residente nese territorio).

A taxa do imposto aplicable para as importacións, transmisións de bens e prestacións de servicios é do 17%; Sem embargo, as importacións, transmisións de bens e prestacións de servicios que se engloben na lista I anexa ó Código do IVA, están suxeitas á taxa reducida do 5%. Cando as importacións, transmisións de bens e prestacións de servicios se engloben na lista II anexa ó Código do IVA, estarán suxeitas á taxa intermedia do 12%.

Considérase suxeito pasivo do IVA establecido neste territorio, un non residente que exerza unha actividade a través dun establecemento permanente (sucursal, oficina, fábrica, etc.). Deberá dar de alta o inicio da actividade e cumprir coas obrigas fiscais alí esixidas, nomeando un representante fiscal que os represente ante a DGCI e garantir o cumprimento dos seus deberes fiscais.

Cando exerza unha actividade sen establecemento estable, e practique operacións tributables en territorio portugués, deben cumprir com tódalas obrigas resultantes do IVA, incluindo a do rexistro, a través dun representante residente en territorio portugués, con poderes suficientes, que responderá solidariamente polo cumprimento das obrigas.

Os suxeitos pasivos do IVA non establecidos en territorio portugués que soportaron o IVA, sen ter efectuada unha transmisión de bens ou prestacións de servicios, poderán solicita-lo seu reembolso, sempre que cumpram determinados requisitos esixidos pola lei portuguesa.