IV. Obrigas Fiscais
|
||
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal | ||
d) Particularidades do IRS aplicables ó empresario ou profesional residente en Portugal A determinación dos rendementos empresariais e profesionais (prestacións de servicios, rendementos da actividade comercial, industrial e actividade agrícola) faise alternativamente a través de dúas: - regras resultantes do réxime simplificado; Están integrados no réxime simplificado os suxeitos pasivos que non estean legalmente obrigados ou que tendo optado polo réxime de contabilidade organizada (a formalizar na declaración de inicio da actividade ou ata o fin do mes de Marzo do propio exercicio en que pretende utilizar esta opción), no periodo de tributación anterior non excedesen un dos seguintes límites: - Volume de vendas: 30 000 000$; - Valor bruto dos restantes rendementos: 20 000 000$. O suxeito pasivo que estivera integrado no réxime simplificado, terá que permanecer nel por un periodo mínimo de cinco anos, que será prorrogable por iguais periodos, sempre que rematados cada un destes, o suxeito pasivo non optara polo réxime de contabilidade organizada Aínda así a aplicación do réxime simplificado cesa cando: - Os límites antes enumerados excédense en 2 exercicios consecutivos; ou - nun único exercicio os límites excedan en máis do 25%. Nestes casos a tributación polo réxime da contabilidade organizada faise a partir do periodo de tributación seguinte ó da súa verificación. O réxime simplificado consiste na determinación do rendemento impoñible a través de indicadores obxectivos de base técnico-científica para os diferentes sectores de actividade económica. Non obstante, ata a aprobación destes indicadores, que se efectuará mediante Decreto do Ministro das Finanzas, o rendemento impoñible resultará dos seguintes coeficientes: - 0,2 ó valor das vendas de mercadorías e de produtos; - 0,65 ós restantes rendementos integrados na categoría B, excluindo a variación de producción. Con todo, coa aplicación destes coeficientes nunca poderá resultar un rendemento impoñible inferior á metade do valor anual do salario mínimo nacional máis elevado (actualmente, 469.000$). - Con base na Contabilidade Organizada. No que respecta á determinación dos rendementos empresariais e profesionais cando se opte polo réxime de contabilidade organizada deberán seguirse as regras do CIRC para a determinación do lucro tributable (art. 33¼- B do CIRS). Os suxeitos pasivos do IRS, ou os seus representantes, están obrigados a presentar: - A declaración de inscrición, de alteracións ou de cesación de actividade; - A declaración anual de rendementos; - A declaración anual de información contabilística e fiscal, ata o último día habil do mes de Xuño, en calquera oficiana de Facenda, en papel, en soporte magnético ou por transmisión electrónica de dados. |