IV. Obrigas Fiscais
|
||
4.4 Recapitulación | ||
Como resumo do exposto con anterioridade, e polo que se refire á tributación directa do empresario ou profesional trasfronteirizo, os pasos a seguir serían os seguintes: - Determinar un único país de residencia fiscal do contribuínte. ó efecto verificarase se o empresario ou profesional considérase residente fiscal en España ou en Portugal, conforme á legislación interna de cada un dos dous países i en caso de considerarse residente fiscal nos dous, estarase ó disposto no CDI. Unha vez determinado o país de residencia fiscal, tributarase no mesmo pola renda obtida mundialmente. No país distinto ó de residencia tributarase, no seu caso, tan só pola renda que se entenda obtida no mesmo. - Determinar se se perciben rendas que se entendan obtidas no país distinto do de residencia segundo a normativa interna dese país. Se o empresario ou profesional non percibe ningunha renda que se entenda obtida no país distinto do de residencia, conforme á normativa interna dese país, tributará exclusivamente no país de residencia. Se o empresario ou profesional percibe rendas que se entendan obtidas no país distinto do de residencia, conforme á normativa interna dese, deberase comproba-lo establecido ó respecto no CDI. - Determinar se as rendas obtidas en país distinto ó de residencia poden ser sometidas a imposición nese país de acordo co establecido no CDI. Se se trata de rendementos de actividades empresariais ou profesionais obtidos sen mediación dun establecemento permanente ou base fixa no país distinto do de residencia, non tributarán no mesmo. Para que iso sexa aplicable deberase solicitar e aportar un certificado de residencia fiscal. Se se trata de rendementos de actividades empresariais ou profesionais obtidos con mediación dun establecemento permanente ou base fixa no país distinto do de residencia, tributarán no mesmo polo imposto aplicable ós non residentes. Esas rendas tamén someteranse a tributación no país de residencia tendo dereito a aplicar unha deducción para evita-la dobre imposición internacional. |