ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.3 Aplicación do Convenio para evita-la dobre imposición entre España e Portugal (CDI) en relación ó empresario ou profesional transfonteirizo.

A posible existencia de situacións de dobre imposición internacional esixe condicionar todo o anterior ó disposto nos Tratados e Convenios Internacionais que formen parte do ordenamento interno.

Entre España e Portugal firmouse un Convenio para evita-la dobre imposición e previ-la evasión fiscal en materia de Impostos sobre a Renta que primará sobre o disposto na norma interna de ámbolos dous países.

- Residencia fiscal:

No caso de que pola lexislación interna de cada país unha mesma persoa fose considerada residente fiscal en España i en Portugal, determinarase un único país de residencia fiscal por aplicación dos criterios sucesivos seguintes: a vivienda permanente, o centro de intereses vitais (relacións persoais i económicas), onde viva habitualmente e, por último, a nacionalidade.

- Concepto de Establecemento permanente:

A expresión Òestablecemento permanenteÓ significa un lugar fixo de negocios mediante o cal unha empresa realiza toda ou parte da súa actividade comercial, industrial ou agrícola.

Comprende, en particular: as sedes de dirección, as sucursais, as oficinas, as fábricas, os talleres, as minas, canteiras ou calquer lugar de extracción de recursos naturais e as obras de construcción, instalación ou montaje de duración superior a 12 meses.

A realización de actividades auxiliares ou preparatorias da actividade principal como poden se-lo mantemento dun almacén de mercadorías, a simple compra de bens ou a recollida de información non determinan a existencia dun establecemento permanente.

- Tributación dos beneficios empresariais obtidos mediante un establecemento permanente.

Os beneficios que obteña en Portugal un residente en España pola realización de actividades empresariais en Portugal mediante un establecemento permanente poden someterse a tributación en Portugal.

Os beneficios que obteña en España un residente en Portugal pola realización de actividades empresariais en España mediante un establecemento permanente poden someterse a tributación en España.

- Tributación dos beneficios empresariais obtidos sen mediación dun establecemiento permanente.

Os beneficios que obteña en Portugal un residente en España pola realización de actividades empresariais en Portugal sen mediación dun establecemento permanente só poden someterse a tributación en España.

Os beneficios que obteña en España un residente en Portugal pola realización de actividades empresariais en España sen mediación dun establecemento permanente só poden someterse a tributación en Portugal.

Para que estas rendas non sexan sometidas a tributación no país distinto do de residencia no que se exerce a actividade débese solicitar á Administración tributaria do país de residencia un certificado de residencia fiscal nos termos do CDI. Este certificado entregarase ó pagador das rendas coa finalidade de que non lle sexan practicadas retencións, ou ben, se adxuntará á declaración do imposto correspondente que se presentará, no seu caso, sen cota a ingresar.

- Concepto de base fixa:

Pode entenderse como base fixa todo centro de actividade que presente certo grado de fixeza ou permanencia, coma por exemplo, o despacho dun avogado ou a consulta dun médico.

- Tributación dos servicios personais independentes obtidos mediante unha base fixa.

As rendas que obteña en Portugal un residente en España pola prestación de servicios profesionais u outras actividades de natureza independente poden someterse a tributación en Portugal cando dispoña en Portugal dunha base fixa para a realización das súas actividades .

As rendas que obteña en España un residente en Portugal pola prestación de servicios profesionais u outras actividades de natureza independente poden someterse a tributación en España cando dispoña en España dunha base fixa para a realización das súas actividades .

- Tributación dos servicios personais independentes obtidos sen mediación dunha base fixa.

As rendas que obteña en Portugal un residente en España pola prestación de servicios profesionais u outras actividades de natureza independente poden someterse a tributación únicamente en España cando non dispoña en Portugal dunha base fixa para a realización das súas actividades .

As rendas que obteña en España un residente en Portugal pola prestación de servicios profesionais u outras actividades de natureza independente poden someterse a tributación únicamente en Portugal cando non dispoña en España dunha base fixa para a realización das súas actividades .

Para que estas rendas non sexan sometidas a tributación no país distinto do de residencia no que se exerce a actividade débese solicitar á Administración tributaria do país de residencia un certificado de residencia fiscal nos termos do CDI. Este certificado entregarase ó pagador das rendas coa finalidade de que non lle sexan practicadas retencións, ou ben, se adxuntará á declaración do imposto correspondente que se presentará, no seu caso, sen cota a ingresar.