ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
IV. Obrigas Fiscais
4.2 Obrigas Fiscais en Portugal


f) Inicio de actividade

- Empresario ou profesional residente en Portugal

Sempre que alguén pretenda iniciar unha actividade empresarial ou profesional debe declaralo na oficina de Facenda do seu domicilio fiscal, antes do inicio da mesma, en modelo oficial.

Se se trata do exercicio de actividades específicas, tales como os avogados, contables ou médicos, será necesario que o traballador se inscriba na respectiva Orden ou Cámara.

- Empresario ou profesional non residente en Portugal, con establecemento estable ou instalación fixa

Sempre que alguén pretenda iniciar unha actividade empresarial ou profesional debe declaralo na oficina de Facenda do seu domicilio fiscal, antes do inicio da mesma, en modelo oficial. No mesmo impreso, debe designarse unha persoa singular ou colectiva con residencia ou sede en Portugal para que o represente ante a DGCI.

Se se trata do exercicio de actividades específicas, tales como os avogados, contables ou médicos, será necesario que o traballador se inscriba na respectiva Orden ou Cámara.

- Empresario ou profesional non residente en Portugal, sen establecemento estable ou instalación fixa

Os suxeitos pasivos non residentes, sen establecemento estable en Portugal, que eiquí practiquen operacións suxeitas ó IVA deben cumprir con tódalas obrigas derivadas deste imposto, incluindo a do rexistro, a través dun representante residente nese territorio, con poderes suficientes e que responderá solidariamente co representado polo cumprimento de tales obrigas.

No caso de que o suxeito pasivo obteña rendementos de inmobles, deberá solicitar un nž de contribuínte estranxeiro e declarar eses rendementos na declaración Modelo 3 do IRS.

Nas restantes situacións o Empresario ou profesional non residente en Portugal, sen establecemento estable ou instalación fixa, non terá que cumprir con obrigas accesorias.