ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.1 Lexislación aplicable ó empresario/profesional que desempeña o seu traballo nun estado comunitario distinto ó país da súa residencia, sexa ou non fronteirizo. Casos específicos.


- Norma Xeral

1. Segundo o artigo 13 do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza unha actividade por conta propia no territorio dun estado membro estará sometida á lexislación dese estado aínda que resida no territorio doutro país membro.

2. Segundo o artigo 7 da Lei xeral da Seguridade Social teñen que inscribirse na Seguridade Social española os extranxeiros que residan ou se atopen legalmente en España e exerzan a súa actividade en territorio nacional, sempre que cumpran os demáis requisitos establecidos na normativa española.

En consecuencia, deberán darse de alta na Seguridade Social do país onde traballan.

3. En Portugal, e de acordo co artigo 18¼ da Lei de Bases da Seguridade Social están comprendidos obrigatoriamente no campo de aplicación do réxime xeral os traballadores por conta allea e os traballadores independentes, de acordo coas normas específicas para cada caso.

A obrigatoriedade de inscrición no réxime xeral non se aplica ós traballadores que estean prestando servicios en Portugal, desde que se probe que están inscritos nun réxime de seguridade social doutro país, sen perxuicio do que se establezca nos instrumentos internacionais.