V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
|
||
5.1 Lexislación aplicable ó empresario/profesional que desempeña o seu traballo nun estado comunitario distinto ó país da súa residencia, sexa ou non fronteirizo. Casos específicos. | ||
- Normas particulares aplicables a persoas distintas dos traballadores do mar que exerzan unha actividade por conta propia. 1. De acordo co disposto no artigo 14 bis do Regulamento 1408/71 a persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio dun estado membro e que realiza un traballo no territorio doutro estado membro, seguirá sometida á lexislación do primeiro estado membro a condición de que a duración previsible dese traballo non exceda de 12 meses. Se a duración previsible do traballo que ten que ser realizado prolóngase en razón de circunstancias imprevisibles máis alá da duración nun principio prevista e chega a exceder de 12 meses, a lexislación do primeiro estado seguirá sendo aplicable ata a finalización dese traballo, a condición de que a autoridade competente do estado membro onde se trasladou o interesado para efectuar dito traballo, ou o organismo designado por esta autoridade dera a súa conformidade. Esa conformidade deberá ser solicitada polo propio traballador autónomo antes de que remate o periodo inicial de 12 meses. Non obstante, esa conformidade non poderá darse para un periodo que exceda de 12 meses. 2. A persoa que exerza normalmente unha actividade por conta propia no territorio de dous ou máis estados membros, estará sometida á lexislación do estado membro onde resida se exerce unha parte da súa actividade no territorio dese estado membro. Se non exerce actividade no territorio do estado membro no que reside estará sometido á lexislación do estado membro onde exerce a súa actividade principal. |