V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
|
||
5.1 Lexislación aplicable ó empresario/profesional que desempeña o seu traballo nun estado comunitario distinto ó país da súa residencia, sexa ou non fronteirizo. Casos específicos. | ||
- Caso específico da persoa que desempeña un traballo por conta propia en España/Portugal e un traballo por conta allea en Portugal/España. Artigo 14 quáter do Regulamento 1408/71. - A persoa, residente en España, que exerce unha actividade por conta propia (actividade independente) neste país e unha actividade por conta allea (actividade dependente) en Portugal, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa e a española e iso porque é un dos casos mencionados no anexo VII do Regulamento Comunitario; - A persoa, residente en España, que exerce unha actividade por conta allea (actividade dependente) neste país e unha actividade por conta propia (actividade independente) en Portugal, quedará sometida a ambas lexislacións, isto é, terá que darse de alta na Seguridade Social portuguesa e a española e iso porque é un dos casos mencionados no anexo VII do Regulamento Comunitario. |