ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.2 Entrada e permanencia de estranxeiros en España I en Portugal.

España

Solicitude de asignación e comunicación do número de identificación de estranxeiros (NIE)

A Orden de 7 de febreiro de 1997 regula a Tarxeta de Extranxeiro que se expedirá únicamente ós extranxeiros en situación legal en España por tempo superior a tres meses, ó comunitario ou ó asiliado.

O titular da tarxeta estará obrigado a levala consigo e a exhibila cando sexa requerido pola Autoridade sen perxuicio de acredita-la súa identidade a través do seu pasaporte ou documento análogo en vigor.

Adxúntase, como anexo número 1, a solicitude do NIE.

Portugal

O Decreto-Lei nž 244/98, de 8 de Agosto, regulamenta a entrada, permanencia, saída e separación de estranxeiros no territorio nacional.

Para a entrada ou saída do territorio portugués, os estranxeiros teñen que levar un documento de viaxe válido e recoñecido, denominado pasaporte con constancia de autorización de entrada.

Os estranxeiros que queiran residir temporal ou permanentemente en Portugal deben solicitar un visado de residencia, en modelo oficial.

As referidas formalidades debem ser tramitadas ante o Consulado Portugués.