ANTERIOR
INDICE
SEGUINTE
V. Seguridade social dos traballadores por conta propria : Empresarios Individuais e Professionais
5.3 Obtención da tarxeta de residencia (no ámbito da unión Europea)

España

- Fundamentación Xurídica:

- Real Decreto 766/1992, do 26 de xuño de 1992, sobre a entrada e permanencia en España de nacionais de Estados Membros da Unión Europea.

- Real Decreto 737/1995, do 5 de maio de 1995, polo que se modifica o anterior regulamento.
- Real Decreto 1710/1997, do 14 de novembro, do Ministerio da Presidencia, polo que se modifica parcialmente o réxime de entrada e permanencia en España de nacionais de Estados membros da Unión Europea e de outros Estados parte no Acordo sobre o Espacio Económico Europeo.

- Caso do empresario individual de nacionalidade portuguesa que quere instalarse en España para desempeña-la súa actividade. Prazo, lugar onde debe presenta-la solicitude e documentación que hai que aportar:

En xeral, deben solicita-la tarxeta aqueles cidadáns comunitarios, con independencia de que pretendan realizar actividades lucrativas ou non, e os seus familiares, sempre que a estancia sexa superior a tres meses.

Polo tanto, a acreditación da situación do traballador autónomo portugués, que pretende presta-los servicios en España, país onde vai residir, efectuarase mediante a tarxeta de residencia.

A solicitude da tarxeta deberá efectuarse no prazo dun mes a partir da data de entrada en España na Oficina de Extranxeiros da provincia onde pretende permanecer ou fixa-la súa residencia o interesado ou, no seu defecto, na correspondente Comisaría Provincial de Policía. Adxuntamos un modelo de solicitude como anexo número 2.

A documentación que se ten que adxuntar á solicitude é a seguinte:

- Pasaporte ou Tarxeta de Identidade en vigor e fotocopias das mesmas.
- Tres fotografías (de tipo pasaporte).
- Acreditación de que reúne os requisitos e solicitou as autorizacións necesarias para o exercicio da actividades empresarial ou profesional (alta no Imposto sobre Actividades Económicas, alta na Seguridade Social e alta en Facenda).

- Caso do empresario/profesional fronteirizo

En vista da especial situación dos traballadores fronteirizos, que, por definición, traballan nun país que non é o da súa residencia, o dereito comunitario non obriga ás autoridades do país en que traballan a conceder permiso de residencia a esas persoas. Sen embargo, a autoridade competente dese país pode conceder ó traballador fronteirizo unha tarxeta especial - Permiso de traballo ÒFÓ -. Ata agora, tres Estados Membros da Unión Europea (Bélxica, Italia e España) fan uso desa facultade, establecendo este tipo de tarxetas.

Concretamente, o artigo 6 do Real Decreto do 26 de xunio de 1992, modificado polo Real Decreto 737/1995, do 5 de maio de 1995 establece que Òa situación do nacional de algún dos Estados Membros da Unión Europea ou dos restantes Estaods partes no Acordo sobre o Espacio Económico Europeo que traballe en España, mantendo a súa residencia no territorio de algún de ditos Estados, ó que regrese, en principio, tódolos días ou polo menos unha vez por semana, acreditarase mediante a exposición dunha tarxeta de traballador fronteirizo, válida por cinco anos e renovable automáticamenteÓ.

Para a concesión deste permiso terán que presentarse os documentos autorizacións necesarias para o exercicio da actividades empresarial ou profesional e o certificado de residencia no país fronteirizo.


Portugal

- Fundamentación Xurídica

- Decreto-Lei n¼ 244/98, de 8 de Agosto que regulamenta a entrada, permanencia, saída e afastamento de estranxeiros no territorio nacional.

- Decreto-Lei n¼ 60/93, de 3 de Marzo, que regulamenta a entrada e permanencia de cidadáns comunitarios no territorio nacional.

- Caso do empresario individual de nacionalidade española que quere instalarse en Portugal para desempeña-la súa actividade. Prazo, lugar onde debe presenta-la solicitude e documentación que hai que aportar:

Os nacionais dun Estado membro admitidos en territorio nacional para efectuar ou beneficiarse dunha prestación de servicios de duración superior a tres meses, debem solicita-la tarxeta de residencia temporal.

Esta tarxeta é válida durante o periodo correspondente á duración da prestación de servicios.

Entretanto, un traballador español por conta propria que pretenda prestar servicios en territorio portugués a través dun establecemento, país onde pasa a residir, deberá solicita-la tarxeta de residencia de nacional dun Estado membro da Comunidade Europea.

Esa tarxeta é válida polo periodo de 5 anos a contar desde a data de emisión, sendo automáticamente renovable, por periodos de 10 anos.

Os títulos de residencia, anteriormente referidos debem ser requeridos polos interesados no prazo de tres meses contados a partir da data da súa entrada en territorio portugués.

- Caso do empresario/profesional fronteirizo

En vista da especial situación dos traballadores fronteirizos, que, por definición, traballan nun país que non é o da súa residencia, o dereito comunitario non obriga ás autoridades do país en que traballan a conceder permiso de residencia a esas persoas. En Portugal, non existe a obrigatoriedade de emisión de ningún documento que de validez a esta situación.