I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.1. Descrición do Sistema Educativo en Galicia |
I.1.1. ENSINANZAS DE RÉXIME XERAL
A Educación Infantil é a primeira etapa do Sistema Educativo Español, ten carácter voluntario e abrangue dende os 0 ós 6 anos. Esta etapa divídese en dous ciclos de tres cursos dun ano de duración cada curso. Segundo a L.O.X.S.E. a Educación Infantil debe favorecer o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral das/os nenas/os. |