I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA
I.1. Descrición do Sistema Educativo en Galicia
  • EDUCACIÓN PRIMARIA

A Educación Primaria correspóndese coa primeira etapa de carácter obrigatorio do Sistema Educativo Español, así a/o nena/o ten que incorporarse ó Sistema Educativo no ano natural no que cumpre os seis anos de idade.

Esta etapa abrangue dende os 6 ós 12 anos e está dividida en tres ciclos de dous cursos dun ano de duración cada curso.

Ó remate de cada ciclo a/o alumna/o promocionará ó ciclo seguinte no caso de que cumpra os obxetivos establecidos, e no caso de non promocionar a/o alumna/o pode permanecer un ano máis no mesmo ciclo para que así poida conseguir ditos obxectivos, pero segundo o establecido na Orde do 6 de Maio de 1993 a/o alumna/o só poderá permanecer un ano máis no mesmo ciclo e esta medida só se poderá tomar unha vez en toda a Educación Primaria.