I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.1. Descrición do Sistema Educativo en Galicia |
Esta etapa educativa abrangue os seguintes niveis:
A Educación Secundaria Obrigatoria abrangue dende os 12 ós 16 anos e está dividida en dous ciclos de dous cursos cada un.
* Para as/os alumnas/os que non acaden estes obxectivos e cumpran os dezaseis anos terán acceso ós Programas de Garantía Social, que lles servirían para incorporarse ó mundo laboral ou mediante unha proba de acceso á Formación Profesional Específica de Grao Medio.
A Educación Secundaria Postobrigatoria está composta polo Bacharelato e a Formación Profesional Específica de Grao Medio. Neste estudio, a Formación Profesional Específica de Grao Medio tratárase no punto seguinte xunto coa Formación Profesional Específica de Grao Superior.
O Bacharelato abrangue dende os 16 ós 18 anos. Está divido en dous cursos dun ano de duración cada un, e clasificado en catro modalidades diferentes:
Para acceder ó Bacharelato é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:
A/o alumna/o que acade os obxectivos establecidos para cada etapa e para cada materia obterá o Título de Bacharel. Este título serviralle para:
A nova Formación Profesional está divida en Formación Profesional Específica de Grao Medio e Formación Profesional Específica de Grao Superior, comprendendo un conxunto de ciclos formativos que teñen unha duración entre 1300 e 2000 horas, divididas en módulos de formación teórico -práctica. Faremos referencia a este tema no punto 1.2. referido á Formación Profesional en Galicia. Para acceder ós ciclos formativos de Grao Medio hai dúas vías:
Para acceder de forma directa é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:
Tamén poderán acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio, aquelas persoas que sexan maiores de 18 anos, ou os cumpran no ano en que realicen a proba, mediante a realización e superación dunha proba de acceso. Para estes resérvase o 20% das prazas. Tamén poden acceder mediante a realización desta proba, aquelas persoas que non teñan a idade pero que estean nalgún destes casos:
Ó rematar os estudios de Formación Profesional Específica de Grao Medio obtense o título de Técnica/o na profesión correspondente ó ciclo cursado. Unha vez obtido este título poden proseguir os estudios accedendo ó Bacharelato mediante as convalidacións oportunas. Dentro do marco da L.O.X.S.E. non se contempla o acceso á Formación Profesional Específica de Grao Superior dende a de Grao Medio, salvo a través dunha proba e tendo cumpridos os 18, anos a un Grao Superior da mesma familia profesional na que se cursou o Grao Medio. ____________________________________________________________________________ (2) Ver anexo 2
|