I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.1. Descrición do Sistema Educativo en Galicia |
Ó igual que na Formación Profesional Específica de Grao Medio para acceder á Formación Profesional Específica de Grao Superior pódense seguir dúas vías:
Para acceder de modo directo e necesario cumprir algunha das seguintes condicións:
Tamén poden acceder mediante a realización dunha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos os 20 anos no momento ou no ano de realización da proba. No caso de posuír o Título de Técnica/o, pódese acceder mediante unha proba ó Ciclo Superior da mesma familia profesional, cumprindo o requisito de idade de 18 anos. Unha vez rematados os estudios de Formación Profesional Específica de Grao Superior obtense o título de Técnica/o Superior na profesión correspondente ó ciclo cursado. Con este título as/os estudiantes teñen a posibilidade de acceder ó Sistema Universitario, cursando estudios relacionados coa especialidade realizada, tendo cada ciclo formativo unha correspondencia con carreiras universitarias ás que se pode acceder de modo directo. |