I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.1. Descrición do Sistema Educativo en Galicia |
O Sistema Universitario de Galicia ríxese pola Lei 11/1989 do 20 de Xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUG) e está dividido en estudios de 1°, 2° e 3° ciclo.
Os Estudios de 1° Ciclo están compostos como mínimo por 180 créditos3 e tres anos de duración. Para acceder ós estudios universitarios de 1° ciclo é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:
Unha vez superados os estudios de 1° ciclo obtense o título de Diplomada/ o, Arquitecta/o Técnica/o ou Enxeñeira/o Técnica/o. Unha vez acadado este título pódense proseguir os estudios cara un 2° ciclo, máster , postgraos, outras carreiras universitarias ou estudios non regrados.
Os estudios de 1° e 2° ciclo están compostos como mínimo por 300 créditos distribuídos en 4 ou 5 anos segundo a carreira da que se trate. Para acceder a estes estudios hai que cumprir os mesmos requisitos que para acceder os estudios de só 1° ciclo. Unha vez rematados estes estudios de 2° ciclo obtense o título de Licenciada/o, Arquitecta/o ou Enxeñeira/o.
Os estudios de só segundo ciclo están compostos como mínimo por 120 créditos distribuídos en 2 anos. Para acceder a estes estudios hai que cursar as chamadas pasarelas que dan a posibilidade de acceder a este ciclo dende unha titulación de 1° ciclo. Se o 1° ciclo cursado coincide cos estudios que se queren cursar de 2° ciclo, o acceso é directo. Ó rematar estes estudios acádase o título de Licenciada/ o, Arquitecta/o ou Enxeñeira/o
Os estudios de 3° ciclo teñen como finalidade a especialización da/o estudiante na súa formación investigadora dentro dun ámbito do coñecemento científico, técnico, humanístico ou artístico. Estes estudios de 3º ciclo constan de dúas etapas:
Esta etapa comprende alomenos dous anos e 32 créditos como mínimo, neste período realízanse cursos, seminarios e traballos de investigación tutelados dentro dun programa de doutoramento, ofertado por un Departamento concreto. Esta etapa á súa vez divídese en dous períodos:o período de docencia e o período de investigación. Este período de formación remata coa valoración dos coñecementos adquiridos por un tribunal único para o programa cursado. Se esta valoración é satisfactoria a/o alumna/o acada o Diploma de estudios avanzados, título oficial que acredita a suficiencia investigadora e o labor realizado nunha determinada área de coñemento.
Esta etapa ten por obxecto a elaboración, defensa e aprobación dun traballo orixinal de investigación denominado tese de doutaramento, que terá que ser xulgada por un tribunal nun acto público, no que a/o alumna/o terá que presentala e defendela. Unha vez aprobada a tese a/o alumna/o recibe o título de doutor. Para acceder ós estudios de 3º ciclo é imprescindible estar en posesión do título de Licenciada/o, Arquitecta/o ou Enxeñeira/o. ______________________________________________________________________________ (3) Crédito: unidade de valoración das Ensinanzas Universitarias, cada crédito equivale a 10 h de ensinanzas teóricas, prácticas ou das súas equivalencias |