I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.1. Descrición do Sistema Educativo en Galicia |
I.l.2. ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO Estas ensinanzas organízanse en familias profesinais ó igual que a Formación Profesional, e en Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao Superior divididos a súa vez en especialidades.
Para acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio das Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño é necesario cumprir os seguintes requisitos:
Unha vez rematados os estudios de Grao Medio obterase o titulo de Técnico nas Ensinanzas que se correponda.
Para acceder ós Ciclos Formativos de Grao Superior das Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño e necesario cumprir os seguintes requisitos:
Unha vez rematados os estudios de Grao Superior obterase o título de Técnica/o Superior nas Ensinanzas que corresponda. Ó acadar este título a/o alumna/o pode acceder ós Estudios Universitarios relacionados cos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño. * Poderán acceder tamén ós Graos Medio e Superior sen cumprir os requisitos antes mencionados as/os aspirantes que superen unha proba específica, e que cumpran 18 anos no mesmo ano en que se realice a proba para o Grao Medio, e 20 anos no caso do Grao Superior. Para obter máis información sobre os Estudios de Artes Plásticas e Deseño en Galicia pódese consultar a seguinte páxina web: www. xunta.es/conselhe/ceoug/dxoefp/sdefp/sfp04.htm MÚSICA E DANZA As Ensinanzas de Música de Danza están estructuradas en Grao Elemental, Grao Medio e Grao Superior.
O Grao Elemental das Ensinanzas de Música e Danza está estructurado nun ciclo de catro cursos de duración. Para acceder a estas Ensinanzas cada centro establece os criterios de admisión tendo en conta a idade de acceso que estará comprendida entre os 8 e os 14 anos. Ó rematar estes estudios expedirase o certificado correspondente.
O Grao Medio está estructurado en tres ciclos de 2 anos de duración cada un. Para acceder a estes estudios compre superar unha proba específica de acceso. Unha vez superado o terceiro ciclo obterase o título de Profesional da ensinanza correpondente. Tamén se obterá o título de Bacharel se se superan as materias comúns do Bacharelato de Música.
O Grao Superior das Ensinanzas de Música e Danza está composto por un só ciclo que a súa duración dependerá das características de cada especialidade. Este Grao Superior ten un nivel equivalente a unha Licenciatura Universitaria e para acceder a el é necesario cumprir os seguintes requisitos:
* Tamén poderán acceder a estes estudios sen cumprir os requisitos anteriores aqueles aspirantes que mediante unha proba demostren posuir os coñecementos e as habilidades específicas necesarias para cursar ditos estudios. Unha vez rematados estes estudios obteráse o título de Título Superior na especialidade correspondente. ARTE DRAMÁTICO Estas ensinanzas comprenden un Grao Superior de catro anos de duración. Para poder acceder a estes estudios é necesario cumprir os seguintes requisitos:
* Tamén poderán acceder a estes estudios sen cumprir os requisitos mencionados aqueles aspirantes que a través dunha proba demostre posuir os coñecementos e as habilidades necesarias para cursar estes estudios. Unha vez rematados estes estudios obtense o título Superior de Arte Dramático equivalente ó título de Licenciatura. |