I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.2. A Formación Profesional en Galicia |
I.2.1.1. FORMACIÓN PROFESIONAL INICIAL
A Formación Profesional Inicial, tamén chamada Formación Profesional de Base, está constituída polo conxunto de habilidades e coñecementos técnicos e científicos básicos que reciben todas/os as/os alumnas/os a través das materias optativas cursadas na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato. I.2.1.2. FORMACION PROFESIONAL ESPECIFICA. A nova Formación Profesional está divida en Formación Profesional Específica de Grao Medio e Formación Profesional Específica de Grao Superior, comprendendo un conxunto de ciclos formativos que teñen unha duración entre 1300 e 2000 horas, divididas en módulos de formación teórico práctica. A través desta Formación Profesional preténdese facilitar o acceso das/ os xóvenes á vida activa.
Para acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio hai dúas vías:
Para acceder de forma directa é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:
Tamén poderán acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio, aquelas persoas que sexan maiores de 18 anos, ou os cumpran no ano en que realicen a proba, mediante a realización e superación dunha proba de acceso. Para estes casos resérvase o 20% das prazas. Tamén poden acceder mediante a realización desta proba, aquelas persoas que non teñan a idade pero que estean nalgún destes casos:
Ó rematar os estudios de Formación Profesional Específica de Grao Medio obtense o título de Técnica/ o na profesión correspondente ó ciclo cursado. Unha vez obtido este título poden proseguir os estudios accedendo ó Bacharelato mediante as convalidacións oportunas. Dentro do marco da L.O.X.S.E. non se contempla o acceso á Formación Profesional Específica de Grao Superior dende a de Grao Medio, salvo a través dunha proba e tendo cumpridos os 18 anos a un Grao Superior da mesma familia profesional na que se cursou o Grao Medio.
Ó igual que na Formación Profesional Específica de Grao Medio para acceder á Formación Profesional Específica de Grao Superior pódense seguir dúas vías:
Pódese acceder de modo directo, cumprindo algunha das seguintes condicións:
Tamén poden acceder mediante a realización dunha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos os 20 anos no momento ou no ano de realización da proba. No caso de posuír o Título de Técnica/o, pódese acceder mediante unha proba ó Ciclo Superior da mesma familia profesional, cumprindo o requisito de idade de 18 anos. Unha vez rematados os estudios de Formación Profesional Específica de Grao Superior obtense o título de Técnica/o Superior na profesión correspondente ó ciclo cursado. Con este título as/os estudiantes teñen a posibilidade de acceder ó Sistema Universitario, cursando estudios relacionados coa especialidade realizada, tendo cada ciclo formativo unha correspondencia con carreiras universitarias ás que se pode acceder de modo directo. * Para obter máis información sobre a Formación Profesional Específica en Galicia, pódese consultar a seguinte páxina web: |