I. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA |
I.2. A Formación Profesional en Galicia |
I.2.1.3. PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL Coa implantación da L.O.X.S.E. en 1990 aparecen os Programas de Garantía Social, considerados, na actualidade polo Plan Galego de Formación Profesional como unha parte importante da Formación Profesional Regrada. Estos programas teñen como finalidade ofrecer unha formación básica e profesional ó alumnado que non acadou os obxectivos da Ensinanza Secundaria Obrigatoria, de modo que poidan incorporarse á vida activa ou acceder á Formación Profesional Específica de Grao Medio previa realización dunha proba de acceso (Ver Cadro 1). Os Programas de Garantía Social están destinados a menores de 21 anos e maiores de 16 (ou que os cumpran no ano natural da súa incorporación ó programa), que se atopen nalgunha destas situacións:
Dentro dos Programas de Garantía Social podemos atopar dúas modalidades:
A duración dos Programas de Garantía Social varían segundo as modalidades, o momento de desenvolvemento, os niveis de acceso e as expectativas do alumnado. Unha vez rematado un Programa de Garantía Social acádase unha certificación acreditativa , na que se fará constar as áreas cursadas e un resumo dos contidos de formación, as calificacións obtidas e o número de horas adicadas a cada unha delas. Esta certificación irá acompañada dunha orientación sobre o futuro académico e profesional da/o alumna/o. Para obter máis información sobre a oferta actual de Programas de Garantía Social en Galicia pódese consultar a seguinte páxina web: www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/sfeol/sfeol01.htm Unha vez superado un Programa de Garantía Social as/os alumnas/os poden acceder á proba de acceso ós Ciclos Formativos de Grao Medio, ás probas para a obtención do título de Técnico Auxiliar e ás probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. |