II. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL
II.2. A Formación Profesional en Portugal
II.2.2.1. FORMACIÓN PROFESIONAL INICIAL DA MOCIDADE EN REXIME DE ALTERNANCIA/"APRENDIZAGEM".

A "Aprendizagem", en canto que modalidade da formación profesional inicial, ten por obxecto intregrar a mocidade no mercado laboral, a través da súa cualificación profesional, contribuíndo así á evolución do factor dos recursos humanos cualificados nas empresas.

Ten como destinatarios específicos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos e empresas con capacidade para funcionaren coma un espacio de formación.

Distribuída en 3 niveis (Pre-aprendizagem — nivel I, Aprendizagem: niveis II e III), a "Aprendizagem" presenta os seguintes aspectos como trazos propios:

  • a formación efectúase nun ambiente de alternancia entre un centro de formación específico (formación teórica e formación práctica simulada) e unha entidade/empresa (formación práctica);
  • tres compoñentes de formación —xeral, tecnolóxica e práctica– que se desenvolven, en rexime de alternancia, entre o centro de formación e a entidade/empresa;
  • trala conclusión dun curso de "Aprendizagem" obtense un Certificado de Aptitude Profesional, a que lle corresponde un nivel de cualificación (II ou III) e que garante a equivalencia cun determinado curso escolar (9º ou 12º, segundo o caso), feito que posibilita a continuación dos estudios;
  • no transcurso da formación asínase un contrato de aprendizaxe entre o formando e a entidade/empresa onde se realiza a formación práctica, que estipula o conxunto de beneficios sociais a que o formando ten dereito (bolsa de formación, seguro, axudas para a alimentación e o transporte) e onde se porá á disposición das entidades implicadas o apoio técnico, pedagóxico e organizativo para a xestión e o funcionamento da formación, ademais do apoio financeiro pertinente para compartiren os gastos formativos.

Por último, é importante mencionar que a formación profesional inicial da mocidade en rexime de alternancia "Aprendizagem" está organizada en eidos profesionais ligados ós principais sectores da actividade económica.