II. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL |
II.2. A Formación Profesional en Portugal |
II.2.2. A FORMACIÓN PROFESIONAL INSERIDA NO MERCADO DO EMPREGO
Tal como dixemos, este subsistema de formación ten a empresa como base institucional dominante e pretende atinxir, como destinatarios específicos, a poboación empregada ou desempregada, abranxendo tamén os que buscan o primeiro emprego. O seu propósito central consiste en dota-los individuos das calificacións requiridas para o exercicio dunha actividade profesional e, para iso, a formación efectúase en empresas, centros de formación e outras entidades empregadoras ou formadoras. En Portugal, a formación profesional inserida no mercado laboral é coordenada polo Ministerio do Traballo e a Seguridade Social, coa participación dos restantes ministerios, así coma dos interlocutores sociais. Con todo, a coordenación operativa deste subsistema é sobre todo responsabilidade do Instituto do Emprego e Formação Profissional (IEFP). Neste epígrafe, e por imperativos do estudio, só analizaremos a formación profesional inicial dos máis novos, en rexime de alternancia "Aprendizagem".. II.2.2.1. Formación profesional inicial da mocidade en rexime de alternancia/Aprendizagem" |