II. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL | ||||||||||||||
II.2. A Formación Profesional en Portugal | ||||||||||||||
II.2.1.2. CURSOS DAS ESCOLAS PROFESIONAIS
As escolas profesionais preséntanse coma unha alternativa á formación impartida no ensino regular e son o resultado de iniciativas levadas a cabo por empresas, concellos ou asociacións empresarias que queren responder dun modo máis directo ás necesidades das economías locais e rexionais.
No que se refire á organización do plano de estudios dos ciclos das escolas profesionais, e tal como se pode observar no cadro anterior, estes teñen unha duración de tres anos lectivos (1º, 2º e 3º), unha estructura modular, e tres compoñentes de formación, a saber: formación socio-cultural, formación científica, formación técnica/tecnolóxica e práctica. Conforme coa información subministrada polo Departamento do Ensino Secundario do Ministerio da Educación en xuño de 2001, os ciclos das escolas profesionais (ver Anexo III-Portugal) están organizados en 17 áreas de formación (ás cales correspondenlles, aproximadamente, 18 ciclos), que son as seguintes:
Estes cursos impártense en escolas profesionais públicas e privadas e, unha vez concluídos, obtense un certificado de Cualificación Profesional de Nivel 3 e, ademais, a equivalencia co 12º curso do ensino secundario, o que permite o acceso ó ensino superior. |
||||||||||||||