II. O SISTEMA EDUCATIVO E DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN PORTUGAL
II.2. A Formación Profesional en Portugal
II.2.1.1. CURSOS TECNOLÓXICOS

Tal e como xa se avanzou, os cursos tecnolóxicos están encadrados no sistema regrado do ensino, no nivel de ensino secundario, e son impartidos en escolas secundarias públicas, privadas e cooperativas.

Existen no ensino secundario once cursos tecnolóxicos, integrados nas catro especialides definidas:

1. Científico-Natural

  • Informática;
  • Construción Civil;
  • Electrotecnia/Electrónica;
  • Mecánica;
  • Química.

2. Artístico

  • Deseño;
  • Artes e Oficios;

3. Económico-Social

  • Servicios Comerciais;
  • Administración.

4. Humanístico

  • Comunicación;
  • Animación Sociocultural.

Calquera destes ciclos dá dereito, unha vez superado con éxito, a dous tipos de certificados, como xa se mencionou:

  • certificado de conclusión do ensino secundario, que permite o acceso ó ensino superior;
  • certificado acreditativo da Cualificación Profesional de Nivel 3, que permite o acceso do estudiante ó mercado laboral como Técnico Intermedio.