III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia
III.4. Ingreso na Formación Profesional Específica de Grao Superior
III. 4. INGRESO NA FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA DE GRAO SUPERIOR

Para acceder á Formación Profesional Específica de Grao Superior, como xa se explica no punto 1.1., pódese seguir dúas vías:

  • Acceso directo.
  • Ou acceso mediante a realización dunha proba.

  • Acceso directo:

Pódese acceder de modo directo cumprindo algunha das seguintes condicións:

    • Posuír o título de Bacharel.
    • Ter superado o segundo ciclo da Reforma das Ensinanzas Medias.
    • Ter superado o Curso de Orientación Universitarita ou Preuniversitario.
    • Estar en posesión do Título de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente a efectos académicos.
    • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

  • Acceso mediante unha proba:

Tamén poden acceder mediante unha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos os 20 anos no momento ou no ano de realización da proba.

No caso de posuír o Título de Técnica/o, pódese acceder mediante unha proba ó Ciclo Superior da mesma familia profesional, cumprindo o requisito de idade de 18 anos.

As/os estranxeiras/os que desexen incorporarse á Formación Profesional Específica de Grao Superior no Sistema Educativo Español deben realizar o seguinte procedimento:

A persoa solicitante debe dirixirse á Dirección Provincial de Educación e Ciencia ou á Subdelegación do Goberno correspondente á provincia onde esté situado o centro onde se pretende seguir os estudios. En calquera outro suposto as solicitudes poden presentarse na Dirección Provincial de Educación e Ciencia correspondente á provincia onde a/o solicitante fixe a súa residencia habitual ou na Subdirección Xeral de títulos, Convalidacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Ciencia. No caso de españois residentes no estranxeiro, na Oficina Consular .

En calquera destes casos a documentación a presentar será a seguinte:

    • Solicitude segundo modelo oficial.
    • Certificación acreditativa da nacionalidade da/o solicitante expedida polas autoridades competentes do seu país. No caso de cidadáns da Comunidade Europea é suficiente a fotocopia do pasaporte e no caso de cidadáns españois a fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou da páxina do libro de familia.
    • Título ou diploma oficial, do cal se solicita a homologación, ou ben a certificación oficial acreditativa da superación dos exames terminais correspondentes.
    • Certificación acreditativa dos cursos realizados, na que consten as materias cursadas, as calificacións obtidas e os anos académicos nos que se realizaron os cursos respectivos.

Os documentos que sexan expedidos no estranxeiro irán legalizados por vía diplomática e ademais irán acompañados da correspondente traducción ó castelán.

Unha vez presentada a documentación na Dirección Provincial de Educación e Ciencia, Subdelegación do Goberno, Oficina Consular ou Subdirección Xeral de Títulos, Convalidacións e Homologacións onde se presente a solicitude, examinarán o expediente e no caso de que falte algunha documentación ou haxa algunha irregularidade, comunicaranllo á/ó solicitante para que no prazo de dez días corrixa o erro, que no caso de non ser correxido o expediente será arquivado sen máis trámite. Este prazo pode ser ampliado ata tres meses se a documentación requerida ten que ser solicitada ó estranxeiro.

A presentación de solicitude para a convalidación de estudios estranxeiros non universitarios, dá dereito á inscrición condicional para o curso seguinte a aquel ó que se refire a convalidación. Para elo a/o solicitante recibe un volante selado cando presenta a documentación. A inscrición pasa de ser condicional a definitiva cando os expedientes son resoltos nos termos solicitados No caso contrario a inscrición queda sen efecto así como os exames realizados como consecuencia de dita inscrición.