III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia
III.5. Proseguimento de estudios de Formación Profesional Específica de Grao Superior
III. 5 PROSEGUIMENTO DE ESTUDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA DE GRAO SUPERIOR

Unha vez seguido o procedimento para solicitar o ingreso no Sistema Educativo Español en Formación Profesional Específica de Grao Superior, tal e como se indica no apartado anterior, a/o interesada/o debe esperar a resolución do seu expediente que se dará no prazo dun mes.

Como os estudios de Formación Profesional Específica de Grao Superior non aparecen na táboa de equivalencias, o expediente será estudiado por unha Comisión de Expertos segundo se contempla no art. 10 do R.D. 104/1988 do 29 de xaneiro.