III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia
III.7 . Táboa de Equivalencias España - Portugal
III. 7 . TÁBOA DE EQUIVALENCIAS ESPAÑA — PORTUGAL

A continuación preséntase a táboa de equivalencias establecidas entre o Sistema Educativo Español e o Sistema Educativo Portugués segundo a Orde do 30 de abril de 1996 ( B.O.E. do 8 de maio)

PORTUGAL ESPAÑA (Lei Orgánica 1/1990 ) ESPAÑA

Lei 14/1970 (sistema en extinción)

3º do curso geral unificado 3º de E.S.O. 1º de B.U.P.
1º do curso complementar 4º de E.S.O. e homologación ó título de Graduado en E.S.O. 2º de B.U.P.
2º do curso complementar e diploma 1º de Bacharelato 3º de B.U.P. e homologación ó título de Bacharel
12º de escolaridade 2º de Bacharelato e homologación ó titulo de Bacharel Curso de Orientación Universitaria

Os niveis anteriores ós incluidos na táboa non necesitan trámite de convalidación senón que se fará no propio centro segundo o que correponda coa idade da/o alumna/o.

IMPORTANTE NA APLICACIÓN DA TÁBOA:

  • A aplicación da táboa esixe a superación completa de tódolos cursos estranxeiros obxecto de homologación ou convalidación e, no seu caso, dos anteriores que se realizaran no Sistema Educativo Español. Non procede a convalidación de materias soltas.
  • Cando os estudios realizados non gardan relación cos reflectidos na táboa , as resolucións de homologación e convalidación adoptánse tendo en conta os criterios xerais que se aplican ós estudios realizados en países nos que non existen as táboas de equivalencias.

* É importante sinalar que no que se refire á Formación Profesional Específica non existe ningunha táboa de equivalencias nin ningún marco legal que regule as equivalencias entre o Sistema Educativo Portugués e o Sistema Educativo Español, polo que é necesario seguir o procedimento indicado no apartado anterior para solicitar a convalidación ou homologación de estudios e títulos estranxeiros referidos a este nivel educativo, por estudios ou títulos españois.