III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia
III.8 Tránsito da Lei Xeral do ano 70 a LOXSE en Formación Profesional
III.8 TRÁNSITO DA LEI XERAL DO ANO 70 Á LOXSE EN FORMACIÓN PROFESIONAL

A efectos de equivalencias de estudios entre Galicia e Norte de Portugal é necesario ter en conta os cambios que tiveron lugar en Galicia no Sistema Educativo en canto á Formación Profesional e as equivalencias que se estableceron entre títulos dun sistema e outro.

Así segundo o artígo 9 do Real Decreto 777/1998 do 30 de Abril polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da Formación Profesional establécense a efectos profesionais as seguintes equivalencias entre títulos:

A efectos profesionais o título de Técnico Auxiliar acadado na Lei Xeral de Educación de 1970 ó remate da FPI correspóndese co título de Técnico acadado ó remate dun Ciclo Medio na LOXSE.

Asimesmo o título de Técnico Especialista acadado na Lei Xeral de Educación de 1970 ó remate da FPII correspóndese co título de Técnico Superior acadado ó remate dun Ciclo Superior na LOXSE.

Con respecto ás equivalencias, no que á Formación Profesional se refire, entre o Sistema Educativo Español e os Sistema Educativo Portugués, cabe repetir aquí o proceso de solicitude xa explicado no punto III. 2.

Para solicitar a convalidación de estudios co obxecto de proseguir estudios españois de Formación Profesional, a persoa solicitante debe dirixirse á Dirección Provincial de Educación e Ciencia ou á Oficina de Educación e Ciencia correspondente á provincia onde esté situado o centro onde se pretende seguir os estudios. En calquer outro suposto as solicitudes poden presentarse na Dirección Provincial de Educación e Ciencia correspondente á provincia onde a/o solicitante fixe a súa residencia habitual ou na Subdirección Xeral de Títulos, Convalidacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Ciencia; no caso de españois residentes no estranxeiro, na Oficina Consular.

En calquera destes casos a documentación a presentar será a seguinte:

  • Solicitude segundo modelo oficial (Ver Anexo VI)
  • Certificación acreditativa da nacionalidade da/o solicitante expedida polas autoridades competentes do seu país. No caso de cidadáns da Comunidade Europea é sufidiente a fotocopia do pasaporte e no caso de cidadáns españois a fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou da páxina do libro de familia.
  • Título ou diploma oficial, do cal se solicita a homologación, ou ben a certificación oficial acreditativa da superación dos exames terminais correspondentes.
  • Certificación acreditativa dos cursos realizados, na que consten as materias cursadas, as calificacións obtidas e os anos académicos nos que se realizaron os cursos respectivos.

Os documentos que sexan expedidos no estranxeiro irán legalizados por vía diplomática e ademáis irán acompañados da correspondente traducción ó castelán.

Unha vez presentada esta documentación, examinaráse o expediente e no caso de que falte algunha documentación ou haxa algunha irregularidade, comunicaranllo á/ó solicitante para que no prazo de dez días corrixa o erro, que no caso de non ser correxido o expediente será arquivado sen máis trámite. Este prazo pode ser ampliado ata tres meses se a documentación requerida ten que ser solicitada ó estranxeiro.