III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia
III.2. Proseguimento de Estudios de Educación Secundaria Postobrigatoria
III. 2. PROSEGUIMENTO DE ESTUDIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA POSTOBRIGATORIA

Unha vez seguido o procedimento para solicitar ingreso no Sistema Educativo Español e na Educación Secundaria Postobrigatoria, tal e como se indica no apartado anterior, a/o interesada/o debe esperar á resolución do seu expediente que se dará no prazo dun mes.

No caso dos estudios que aparecen na táboa de equivalencias (Ver Ponto III 7) como é o caso do Bacharelato, faráse a resolución do expediente seguindo o que se dí na táboa.

No caso dos estudios que non aparecen na táboa, como é o caso da Formación Profesional Específica de Grao Medio, que neste momento nos ocupa, o expediente será estudiado por unha Comisión de Expertos prevista no art. 10 do R.D. 104/1988 do 29 de enero.