III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia |
III.1. Ingreso na Educación Secundaria Postobrigatoria |
III. 1. 2. INGRESO NA FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA DE GRAO MEDIO
Para acceder á Formación Profesional Específica de Grao Medio pódese acceder seguindo dúas vías:
Para acceder de forma directa é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos:
Tamén poderán acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio, aquelas persoas que sexan maiores de 18 anos, ou os cumpran no ano en que realicen a proba, mediante a realización e superación dunha proba de acceso. Tamén poden acceder mediante a realización desta proba aquelas persoas que non teñan a idade pero que estean nalgún destes casos:
As/os estranxeiras/os que desexen incorporarse á Formación Profesional Específica de Grao Medio no Sistema Educativo Español deben realizar o seguinte procedimento: A persoa solicitante debe dirixirse á Dirección Provincial de Educación e Ciencia ou á Subdelegación do Goberno correspondente á provincia onde esté situado o centro onde pretende seguir os estudios. En calquera outro suposto as solicitudes poden presentarse na Dirección Provincial de Educación e Ciencia correspondente á provincia onde a/o solicitante fixe a súa residencia habitual ou na Subdirección Xeral de títulos, Convalidacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Ciencia. No caso de españois residentes no estranxeiro, na Oficina Consular . En calquera destes casos a documentación a presentar será a seguinte::
Os documentos que sexan expedidos no estranxeiro irán legalizados por vía diplomática e ademais irán acompañados da correspondente traducción ó castelán. Unha vez presentada a documentación na Dirección Provincial de Educación e Ciencia , Subdelegación do Goberno, Oficina Consular ou Subdirección Xeral de Títulos, Convalidacións e Homologacións onde se presente a solicitude, examinarán o expediente e no caso de que falte algunha documentación ou haxa algunha irregularidade, comunicaranllo á/ó solicitante para que no prazo de dez días corrixa o erro, que no caso de non ser correxido o expediente será arquivado sen máis trámite. Este prazo pode ser ampliado ata tres meses se a documentación requerida ten que ser solicitada ó estranxeiro. A presentación de solicitude para a convalidación de estudios estranxeiros non universitarios, dá dereito á inscrición condicional para o curso seguinte a aquel ó que se refire a convalidación. Para elo a/o solicitante recibe un volante selado cando presenta a documentación. A inscrición pasa de ser condicional a definitiva cando os expedientes son resoltos nos termos solicitados. No caso contrario a inscrición queda sen efecto así como os exames realizados como consecuencia de dita inscrición. |