III. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desplazamento no sentido Portugal-Galicia
III.1. Ingreso na Educación Secundaria Postobrigatoria
III.1.1. INGRESO NO BACHARELATO

As/os alumnas/os que desexen acceder ó Bacharelato teñen que cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Posuír o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Ter superados os estudios de 1° ciclo do Programa Experimental da Reforma Educativa.
  • Estar en posesión do título de Técnico Auxiliar de Formación Profesional de 1° Grao.
  • Posuír o título de Técnico tras cursar Formación Profesional Específica de Grao Medio, podendo facerse neste caso as validacións establecidas.
  • Ter aprobado o 2° curso de Bacharelato Unificado Polivalente, ou con dúas materias pendentes como máximo.
  • Ter superados os cursos comúns dos estudios de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.

As/os alumnas/os estranxeiras/os que desexen incorporarse ó Sistema Educativo Español deben seguir o seguinte procedimento:

A persoa solicitante debe dirixirse á Dirección Provincial de Educación e Ciencia ou áOficina de Educación e Ciencia correspondente á provincia onde esté situado o centro onde se pretende seguir os estudios. En calquera outro suposto as solicitudes poden presentarse na Dirección Provincial de Educación e Ciencia correspondente á provincia onde a /o solicitante fixe a súa residencia habitual ou na Subdirecçción Xeral de Títulos, Convalidacións e Homologacións do Ministerio de Educación e Ciencia. No caso de españois residentes no estranxeiro, na Oficina Consular .

En calquera destes casos a documentación a presentar será a seguinte:

    • Solicitude segundo modelo oficial.
    • Certificación acreditativa da nacionalidade da/o solicitante expedida polas autoridades competentes do seu país. No caso de cidadáns da Comunidade Europea é suficiente a fotocopia do pasaporte e no caso de cidadáns españois , a fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou da páxina do libro de familia.
    • Título ou diploma oficial, do cal se solicita a homologación, ou ben a certificación oficial acreditativa da superación dos exames terminais correspondentes.
    • Certificación acreditativa dos cursos realizados, na que consten as materias cursadas, as calificacións obtidas e os anos académicos nos que se realizaron os cursos respectivos.

Os documentos que sexan expedidos no estranxeiro deben ir legalizados por vía diplomática e ademais deben ir acompañados da correspondente traducción ó castelán.

Unha vez presentada a documentación na Dirección Provincial de Educación e Ciencia , Subdelegación do Goberno , Oficina Consular ou Subdirección Xeral de Títulos, Convalidacións e Homologacións onde se presente a solicitude, examinarán o expediente e no caso de que falte algunha documentación ou haxa algunha irregularidade, comunicaranllo á/ó solicitante para que no prazo de dez días corrixa o erro que no caso de non ser correxido o expediente será arquivado sen máis trámite. Este prazo pode ser ampliado ata tres meses se a documentación requerida ten que ser solicitada ó estranxeiro.

A presentación de solicitude para a convalidación de estudios estranxeiros non universitarios, dá dereito á inscrición condicional para o curso seguinte a aquel ó que se refire a convalidación. Para elo a/o solicitante recibe un volante selado cando presenta a documentación. A inscrición pasa de ser condicional a definitiva cando os expedientes son resoltos nos termos solicitados, no caso contrario a inscrición queda sen efecto así como os exames realizados como consecuencia de dita inscrición.

* Para ingresar no cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, ou no Bacharelato, existen táboas de equivalencias entre sistemas educativos dos diferentes países (Ver táboa de equivalencias España -Portugal. Punto III. 7).