IV. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desprazamento no sentido Galicia-Portugal |
IV. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS
DESPLAZAMENTO NO SENTIDO GALICIA-PORTUGAL O Sistema de Equivalencias do ensino secundario non obrigatorio encontrase regulado, en Portugal, polo Decreto-Lei nº 219/97 do 20 de agosto, tanto para peticións de ingreso coma para continuación dos estudios. Neste capítulo trataremos do proceso de equivalencias con vistas ó ingreso e á continuación dos estudios no nivel do ensino secundario (como vimos no primeiro capítulo, trátase dun nivel de ensino non obrigatorio), e tamén ó recoñecemento dos títulos do mesmo nivel de ensino para o exercicio dunha actividade profesional. Como vamos ver, en tódolos casos o proceso de obtención de equivalencias é bastante parecido, polo que a división nos puntos a seguir serve, exclusivamente, para facelo máis claro para cada caso en cuestión en que o lector se poida atopar. Como xa se dixo no primeiro capítulo, o sistema de ensino secundario en Portugal divídese en cursos xerais (predominantemente orientados á continuación dos estudios superiores, malia que, ao mesmo tempo, dan dereito a un certificado da formación adquirida, unha vez superados), en cursos tecnolóxicos (predominantemente orientados á vida activa, polos que se obtén un grao de formación Nivel III, e que tamén dan acceso ó ensino superior) e cursos das escolas profesionais (tal como os cursos tecnolóxicos, están especialmente orientados á vida activa, outorgan o grao de formación Nivel III e permiten o acceso ó ensino superior, aínda que se pode dicir que son ciclos máis específicos e máis prácticos cós tecnolóxicos). IV.1. Ingreso no Sistema de Ensino Secundario-Cursos Xerais IV.2. Proseguimento de Estudos no Sistema de Ensino Secundario-Cursos Xerais IV.3. Recoñecemento de Títulos do Ensino Secundario-Cursos Xerais IV.4. Ingreso no Sistema de Ensino Secundario-Cursos Tecnolóxicos IV.5. Proseguimento de Estudos no Sistema de Ensino Secundario-Cursos Tecnolóxicos IV.6. Recoñecemento de Títulos do Ensino Secundario-Cursos Tecnolóxicos IV.7. Ingreso no Sistema de Ensino Secundario-Cursos das Escolas Profesionais IV.8. Proseguimento de Estudos no Sistema de Ensino Secundario-Cursos das Escolas Profesionais IV.9. Recoñecemento de Títulos do Ensino Secundario-Cursos das Escolas Profesionais |