IV. SISTEMA XERAL DE EQUIVALENCIAS - Desprazamento no sentido Galicia-Portugal |
IV.2. - Continuación de estudos no sistema de ensino secundario - Cursos Xerais |
IV.2. CONTINUACIÓN DE ESTUDOS NO SISTEMA DO ENSINO SECUNDARIO CURSOS XERAIS Enténdense aquí, como continuación de estudios no ensino secundario, as situacións en que un alumno, encontrándose escolarizado neste nivel de ensino nun país estranxeiro, desexa completalo en Portugal. Neste caso, o proceso de obtención de equivalencias é por completo semellante ó proceso descrito para o ingreso no ensino secundario. Máis unha vez, para obter as equivalencias, téñense en conta o número de cursos superados no país de orixe, e non o ciclo de estudios. Para mellor comprendermos este punto, imaxinemos que un alumno español que se encontra escolarizado no ensino post-obrigatorio en España pretende continuar na modalidade equivalente en Portugal. Xa ora, un aspecto importante que non se debe esquecer: non hai paralelismo entre estructuras curriculares ou contidos programáticos, pero si na formación global. Ou sexa, mesmo que as materias impartidas en España sexa diferentes das impartidas en Portugal, isto non ten ningunha repercusión na solicitude de obtención de equivalencias. En termos concretos, un alumno español que teña o 2º curso do BUP (anterior á reforma)aprobado, ten o equivalente ó 10º curso do ensino secundario portugués. Daquela, se a transferencia lle for concedida, matricularase no 11º curso do ensino secundario portugués. Imaxinemos, sen embargo, que o mesmo alumno estaba matriculado no 2º curso do BUP e non aprobou tódalas materias. Nese caso, pode pedir a equivalencia das materias aprobadas no sistema de ensino portugués, e matricularse unicamente naquelas materias que non aprobara en España, así como naquelas para as que non lle concedan a equivalencia. Nestes casos particulares en que se solicita a equivalencia non dun curso curricular completo, senón unicamente dalgunhas materias, débese efectuar unha solicitude de equivalencia igual á descrita no punto anterior (ingreso no sistema de ensino secundario), mais especificando a súa situación no formulario esixido. Para o caso dos alumnos españois escolarizados dentro do sistema de ensino posterior á reforma, as regras son, evidentemente, as mesmas. Daquela, un alumno que estivese matriculado no 1º curso do Bachalerato, na Educación Secundaria Post-obrigatoria, terá o equivalente ó 11º curso portugués, polo que deberá matricularse no 12º curso. En resumo, no que concerne á solicitude de equivalencia para a continuación de estudios no ensino secundario, tal como acontece para o ingreso, non importa se o alumno español rematou, ou non, un determinado ciclo educativo en España. O que importa é o número de cursos aprobados. Se en España aprobou, por exemplo, 10 cursos do respectivo sistema de ensino, considérase, a efectos de ingreso ou continuación no ensino secundario portugués, que xa superou 10 cursos deste último sistema de ensino. |