V.- CASOS PRACTICOS |
V.1.- Desprazamento no sentido Portugal - Galicia |
V.1. DESPRAZAMENTO NO SENTIDO PORTUGAL-GALICIA
Caso 2. Alexandra comezou os seus estudios de Técnico de Informática na Escola Profesional de Braga e decide ir a vivir a Ourense (Galicia) e continuar alí os seus estudios. Alexandra ten que solicitar a convalidación dos mesmos polos correspondentes en España, para así poder proseguir os seus estudios en Galicia. ¿Que ten que facer? Para solicitar a convalidación Alexandra pode dirixirse a un dos seguintes Organismos:
No Organismo ó que acuda Alexandra debe presentar a seguinte documentación:
Todos estes documentos irán legalizados por vía diplomática e acompañados pola súa correspondente traducción oficial ó español*. * A traducción poderase facer:
Unha vez presentada toda a documentación será estudiado o expediente, e no caso de que haxa algunha irregularidade ou falte algunha documentación, seralle comunicado a Alexandra, para que no prazo de dez días poida entregar a documentación que falte ou amañar o erro. Ó facer a solicitude de convalidación de estudios, a Alexandra daránlle o dereito á inscrición condicional para o curso seguinte a aquel ó que se refire a convalidación. Así, a Alexandra entregaránlle un volante selado (Ver Anexo IV) que lle permitirá proseguir os seus estudios de forma condicional ata que se resolva o seu expediente. Esta inscrición pasa de ser condicional a definitiva cando o expediente é resolto nos termos que se solicitaba, resolución que se fará como máximo no prazo dun mes. De non ser resolto favorablemente, a inscrición condicional queda sen efectos, así como os exames realizados como consecuencia de dita inscrición condicional. Se o expediente se resolve favorablemente Alexandra poderá seguir os seus estudios en Ourense nas mesmas condicións que as/os alumnas/os do Sistema Educativo Español. |