V.- CASOS PRACTICOS |
V.2.- Desprazamento no sentido Galicia -Portugal |
V.2. DESPRAZAMENTO NO SENTIDO GALICIA-PORTUGAL
Caso 1. Xoan, que posúe o título de formación profesional específica de grao medio en Cociña, exerce a actividade de cociñeiro nun hotel en Pontevedra. Sen embargo, Xoan pretende pasar a exercer a súa profesión nun hotel da cidade do Porto sendo necesario, para tal, obter o recoñecemento da súa cualificación profesional por parte das autoridades competentes en Portugal. ¿Qué facer? Sendo cociñeiro, a profesión de Xoan atópase regulamentada pola Directiva 92/51/CEE de 18 de xuño de 1992, relativa a un segundo sistema xeral de recoñecemento de formacións profesionais. Esta directiva foi transposta á orde xurídica interna mediante o Dec.-Lei nº 242/96 de 18 de decembro. Para acceder á profesión, Xoan deberá presentar unha solicitude escrita en portugués en que se fagan constar os seguintes elementos:
Poderase esixir a traducción dos referidos documentos, efectudada por un notario ou validada por un funcionario consular ou diplomático, en caso de xustificada necesidade. Ademais disto, no caso de que o ciclo de Juan non sexa coñecido en Portugal, a avaliación da solicitude de recoñecemento pasará pola análise do número de horas, das materias de que consta o plano de estudios e, en determinados casos, do contido programático. A solicitude e toda a documentación anexa deben enviarse a: MINISTÉRIO DA ECONOMIA-INSTITUTO NACIONAL DE FORMAÇÃO TURÍSTICA Av. Eng.º Arantes Oliveira, 7-1900 Lisboa Tel.: +351 21 84 23 300 |