V.- CASOS PRACTICOS
V.2.- Desprazamento no sentido Galicia -Portugal
V.2. DESPRAZAMENTO NO SENTIDO GALICIA-PORTUGAL

Caso 2.

Ana, Técnica de Radioterapia en Vigo, pretende exercer a súa profesión en Braga. Ana realizou un ciclo de formación profesional específica de grao superior (FPE) en radioterapia en España. En Portugal, só se permite o acceso ó exercicio da tal profesión a individuos que posúen un título universitario impartido nas facultades de saúde (establecementos de ensino superior) ou equivalente legal. ¿Que debe facer Ana? (2)

Para obte-lo recoñecemento legal da respectiva profesión, Ana debe presentar unha solicitude escrita en lingua portuguesa en que se fagan constar os seguintes elementos:

  • Identificación do solicitante: nome completo, nacionalidade, data de nacemento, Estado de orixe e domicilio en Portugal;
  • Profesión a que pretende acceder;
  • Certificados, diplomas ou outros títulos obtidos, mencionando o Estado-membro que os concedeu e, se for o caso, aquele que os recoñeceu.
  • Os trámites deberan acompañarse da seguinte documentación:
  • Fotocopia simple do documento oficial de identificación, cando poida ser visto in situ pelo funcionario portugués, ou fotocópia validada, no caso contrario;
  • Copia validada dos certificados, diplomas e outros títulos obtidos, no caso de que non sexa enviados os documentos orixinais ou estes non poidan ser confrontados presencialmente;
  • Copia validada do documento, emitido polo Estado-membro de orixe, en que se faga constar que o solicitante posúe tódalas condicións esixidas por ese Estado-membro para desenvolver alí a mesma profesión;
  • Proba de idoneidade, cando sexa requirida;

Poderase esixir a traducción dos referidos documentos, efectudada por un notario ou validada por un funcionario consular ou diplomático, en caso de xustificada necesidade.

Visto que o título de Ana foi obtido pola realización de un ciclo de FPE de grao superior —é dicir, pola realización de formación pos-secundaria de nivel non superior– poden porse en marcha mecanismos de compensación de acordo coa súa formación orixinaria.

Ana debe enviar a solicitude e toda a documentación esixida a:

MINISTÉRIO DA SAÚDE — DEPARTAMENTO DE RECURSOS HUMANOS DA SAÚDE

Av. Miguel Bombarda, 6

100-208 Lisboa

Tel.: +351 21 798 42 00

Para máis información, consultar:

- Decreto-Lei n.º 261/93 de 24 de xullo;

- Decreto-Lei n.º 320/99 de 11 de agosto.

__________________________________________________________________________

(2) Este procedemento é valido para as seguintes profesións: Técnico de análises clínicas e saúde pública; Técnico de anatomia patolóxica, citoloxía e tanatolóxica; Técnico de audioloxía; Técnico de cardioneumoloxía; Dietista; Técnico de farmacia; Fisioterapeuta; Hixienista oral; Técnico de medicina nuclear; Técnico de neurofisioloxía; Ortoptista; Ortoprotésico; Técnico de próteses dentais; Técnico de radioloxía; Técnico de radioterapia; Terapeuta da fala; Terapeuta ocupacional; Técnico de saúde ambiental.