2.- METODOLOXÍA
2.5.- Deseño da enquisa e recollida de información das empresas


2.5.2.- Traballo de campo

Para a recollida da información formouse a un equipo enquisadores que seguiron o seguinte procedemento.

En primeiro lugar, e vía postal, envióuselles ás empresas seleccionadas unha enquisa acompañada dunha carta de presentación na que se lles solicitaba a súa colaboración e presentábanselles os obxectivos do estudio. Pasados uns días levouse a cabo un primeiro contacto telefónico no que se lles preguntaba se recibiran o envío. Senón fora así, volveríaselles enviar, esta vez vía e-mail ou fax. Unha vez que a empresa tiña a enquisa solicitóuselles que a devolvesen cuberta, de novo vía fax ou e-mail.

Debemos sinalar que se realizaron 60 enquisas presenciais (con visitas persoais), 5 por sector en Galicia e no Norte de Portugal, que serviron de piloto e permitiron depura-la enquisa inicial.

Entre Galicia e o Norte de Portugal contactoouse con 2.000 empresas aproximadamente, obténdose finalmente 372 enquisas, 164 en Galicia e 151 no Norte de Portugal.

Nas seguintes figuras represéntase a distribución da mostra obtida para cada unha das zonas.
Distribución da mostra por sectores na provincia de Ourense
Distribución da mostra por sectores na provincia de Pontevedra
Distribución da mostra por sectores no distrito de Viana do Castelo
Distribución da mostra por sectores no distrito de Bragança
Distribución da mostra por sectores no distrito de Braga
Distribución da mostra por sectores no distrito de Vila Real